Extractos

galego(Galego)
Extractos (2006)
Extraer a Abstracción. A serie está baseada nas cores básicas RGB dun xeito expresivo (as veces exposivo) buscando como sempre o equilibrio áureo e tamén a necesidade de ruptura. Traballando con superficies re-flectantes e materiais cotiáns, ten unha lingoaxe expresiva na busca da armonía das liñas e a coherecia cromática, cun marcado carácter expe-rimental, posue numerosos compoñentes icónicos. Cun estado aberto de conciencia, as imaxes xorden entre movementos erráticos, estáticos ou dinámicos. Ainda que acollen moi ben formatos grandes e medianos, a cor, luminosidade e expresividade sempre iluminan o espazo.
Realizadas en formato medio (Hasselblad+Phase one. Son sempre to-mas directas sen fotomontaxe.

Texto de Andrés Lage
Na alquimia do fotógrafo, existen dous ingredientes básicos: a luz e o tempo. Captar un instante, é tarefa fácil para calquera afeccionado que posúa unha cámara pero, facer dese instante unha obra de arte, é un don que poucos fotógrafos teñen.

En Extractos, o autor entra de cheo no mundo da fotografía experimental, e aborda sen medo a abstracción, mostrando obxectos cotiáns convenientemente tratados para crear con eles un universo inexplorado ata agora. Contra o que puidese parecer, o segredo desta colección non está na postprodución, é o virtuosismo do autor o que modela a luz para conseguir un resultado impactante. Nestas obras non hai retoques artificiosos, a cor trabállase como o que é: luz reflectida, e é o reflexo convenientemente ordenado o que xera ese impacto visual.

Os azuis, os vermellos e os verdes, sobrepoñen unha realidade turbadora sobre un fondo sempre gris. Os obxectos se desdebuxan deformándose con medida precisión xerando unha harmonía perfecta.

Esta colección é sobre todo un exercicio de destreza, de dominio da técnica e dunha imaxinación sen límites liberada de convencionalismos. Xoán Piñón, un referente na arte da fotografía, soubo utilizar a súa creatividade para contar historias que non deixan a ninguén indiferente.

Texto de Rosa Espiñeira
«Pierre Soulages, pintor do negro e da luz di “prefiro sen dubidalo a beleza bruta da miña mancha que a banalidade do galo”

Extractos texturas abstracción, pintura fotografía, pintura na fotografía fotografía na pintura, nada de iso son as fotos de Xoan Piñón. As fotos de Xoan Piñón son a fotografía levada a arte máis sublime, é arte con maiúsculas. Xoan Piñón fai abstracción con elementos que non teñen nada de abstractos mais el sabe como facelo, faino da mesma maneira que cando fala do que lle apaixona como a fotografía, a música, tranquilo, despazo, humilde, con ese saber que ten e que tan ben transmite el que ama o que fai.

Fotografía para si mesmo, por unha necesidade persoal, íntima e a súa técnica precisa e perfecta lévanos a unhas imaxes que non importa o que estamos a ver, o que importa é o que sentes ante elas, abstracción, pura abstracción, obxectos poéticos que viven da que mira, ela é a necesaria e libre intérprete. Nestes tempos que corren, parece que o único que importa é a imaxe e canto máis “real”, máis parecida a “realidade” tanto mellor, a contemplación destas foto lévanos a desenvolver a nosa imaxinación, a nosa fantasía até o infinito. Pódese estar diante de calquera das que compoñen esta serie, cada unha terá a súas favoritas, as grises, as azuis, as verdes, as vermellas e sempre estarán en función da que as mira, da que as contempla. A luz , o espazo, a materia transfórmanse dependendo de onde esteamos situadas, de como nos movamos ou de como as miremos. Elas poden ser muro ou ventá.

Son pezas atemporais, sempre van estar aí suxerentes, fermosas, compañeiras e perfectas.»
novembro 2017

galego(English)
Extractos (Extracts)

Extract the abstraction. This series is based on the basic RGB colours in an expressive way, always looking for the golden balance and also the need for rupture. Working with reflective surfaces and everyday materials, it has an expressive language in search of the harmony of lines and chromatic coherence, with a marked experimental character. It also has many iconic components. Open-minded images arise among erratic, static or dynamic movements. Photographs always provide large or medium-sized light colourful images that illuminate the space.

Mostrando 1–24 de 59 resultados

Mostrando 1–24 de 59 resultados