Cámara Barroca

Cámara Barroca (2011)
Colección do fermosísimo Barroco Galego. Coas técnicas realizadas de longa exposición en Alta Resolución e HDR, consegue ver detalles im-posibles ao ollo humano como as texturas de madeira, granito, poli-cromados etc. Cúpulas e espazos de grandes construccións altérnanse co Barroco máis humilde e popular.
Ainda que foi concebida para tamaños 90×90 cm, acolle calqueira for-mato debido a súa grande profundidade de cor e definición.
Texto de Xosé M. Buxán Bran

“Arquitectura pletórica de luminosa vida e tan enchida de cores prima-verais que mesmo emula o divino paraiso, un xardín sempre a florecer, sempre vivo. Velaí o artista afastarse das habituais escuridades e das grisallas outonais e invernais doutros monumentos eclesiásticos e a reivindicar o poderío ledo das cores. A bóveda de San Martiño Pinario é nese sentido Rei Sol de plumaxe colorista e onde todos os demáis elementos arquitectónicos se despregan dourados e variados a partir desa grande fonte de enerxía que é, á vez, luz centrípeta e centrífuga”

Texto de Xoan Piñón
Texto de Xoan Piñón

Mostrando todos los resultados (24)

Mostrando todos los resultados (24)