O Courel a memoria de Galicia

galego(Galego)
“Dez Outonos no Courel” (1994 – 2004)
Serra de O Courel, imaxes da semana sinalada polo bosque no seu má-ximo esplendor. Realizada no mes de Novembro dende o 1994 ao 2004. Unha peregrinación anual ao santuario do bosque á busca do croma-tismo emocional, a luminosidade e o equilibrio da Natureza. Moitos pa-raxes xa non existen debido a sobre-explotación mineira, os incendios e o maltrato do Patrimonio Natural. O Courel, o maior bosque atlántico de Europa e conserva as especies vexetais e animais máis extraordina-rias e antigas. Restos arqueolóxicos dunha Galicia milenaria.
Fofografadas con diapositiva Fuji Velvia 6×6 e dixitalizadas conser-vando as cores orixinais.

Texto de Mercedes Rozas
“As imaxes de Piñón non están manipuladas, mostran a beleza en todo o seu esplendor; os recunchos máis frondosos, os vales e montañas aloumiñados polo frescor da mañá ou a retirada do sol á tardiña reco-llen as sombras, os sinais da luz, o contraste das cores no outono. É a forza da fotografía cando capta a dura supervivencia, baixo a complici-dade do que Barthes chamaba o “punctum” – “é el quen sae da escena e vén como unha frecha para buscarme” – e o “studium” “unha especie de educación, saber e cultura” -. azar e observación atenta e precisa, que neste caso poño na mirada do propio fotógrafo e non do observador.”

Texto de Juan Ramón Vidal Romaní
“Courel, a Memoria de Galicia, non era nada hai 650 millóns de anos, apenas unha lama negra acumulada nas augas profundas dun océano sen nome entre continentes sen nome. Pouco a pouco foi saindo do mar erguéndose e convertíndo lama en lousa negra e lousa nas magníficas montañas que agora son. E os ríos conforme as montañas medraban afondaron nelas formando os vales e as montañas como agora os vemos. Hai 37 millóns de anos os ríos remataron o seu traballo, e a vexetación e os animais ocuparon seu lugar. A armonía das augas e dos xeos glaciares nos últimos 3 millons de anos viu chegar o primer galego ao Courel. Nos últimos 30 anos o home desesperase por destruir aceleradamente o que tanto tempo levou facer. A teima de cubrir a sua cabeza coa lousa do Courel e como volver atrás barbara e irreflexivamente ao principio cando todo estaba baixo o mar.

Texto de Juan Ramón Vidal Romaní
TEXTO DE RAMIRO TORRES
TEXTO DE EVA VEIGA

galego(English)
O Courel, a memoria de Galicia “Dez outonos no Courel” (O Courel, the memory of Galicia “Ten autumns in O Courel”) (1994–2004)
See on Facebook

“Sierra de O Courel”, images of the week when the forest is at its best. Taken in the month of November from 1994 to 2004. An annual pilgrimage to the forest sanctuary in search of emotional colours, luminosity and balance of nature. Many of these places have already disappeared due to mining, fires and overexploitation of our Natural Heritage. O Courel, is the largest Atlantic forest in Europe, and it keeps the most extraordinary old plants and animal species, archaeological remains of an ancient Galicia.

Mostrando 1–24 de 46 resultados

Mostrando 1–24 de 46 resultados